terça-feira, 22 de julho de 2008

IV Reich - Discografía (1981-1988)



IV Reich formouse no 81, eran un grupo de amigos: Cota (cantante), Pilar (guitarra), Juanra (baixo) e Isa (batería). Juanra foise á mili e xa non volveu, entón Isa pasou ao baixo e entrou Juanvi á batería. Empezaron a facerse con instrumentos e local e a ensaiar. Tocaban en vilas, festas de barrios, o que xurdise. Entón apenas había locais en Zaragoza onde actuar. Compartían local con Parásitos e os amplificadores tamén. As influencias eran claras: Dead kennedys, Discharge, Sex Pistols... A súa primeira saída foi a Renteria e a partir de ahi percorréron Euskadi e tamén Barcelona. Tocaron con RIP, Cicatriz, Kortatu, La polla, Decibelios, Subterranean Kids e tamén con grupos estranxeiros como BGK e Millions of dead cops. En xaneiro de 1984 sacaron a primeira maqueta con dez temas, autoproducida e distribuída por eles mesmos. Venderon unhas 2000 copias e chegou ata latinoamerica e norteamerica. Con temas como "Sucio policía", "Palabra de Dios" ou "No al ejército" dedicado ao amigo Juanra. A segunda maqueta con sete temas gravase en febreiro de 1985, pero desta non se fixeron copias para vender senón que se foi pasando de man en man. "Oh patron!", "5ª sinfonía" e "Socialdemocracia" eran algúns dos temas que incluían. Despois Isa foise a vivir fora e entrou Patty ao baixo. Fixeron cancións novas como "Balas", "En la mina" ou "Sangre roja". Seguiron tocando ata 1988 máis ou menos e a banda disolveuse. No ano 2001 Outline Records editou o seu primeiro CD coas dúas maquetas e temas en directo.
http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=157728523
http://blog.myspace.com/index.cfm?fuseaction=blog.ListAll&friendID=157728523



La masacre continúa


Palabra de Dios


Una bala para ti




Ligazóns:
http://caldoecaezas.blogspot.com/2007/04/iv-reich-discografa-completa.html
http://ingobernables77.blogspot.com/2008/07/iv-reich-diskografia-completa.html
http://wwwanarcosayo.blogspot.com/2008/05/iv-reich-discografia.html
http://masapunk.blogspot.com/2007/10/iv-reich-discografia-completa.html
http://destruyanlosatodos.blogspot.com/2007/11/iv-reich-1er-demo.html
http://masapunk.blogspot.com/2007/10/iv-reich-discografia-completa.html
http://resistenciaska.blogspot.com/2007/11/iv-reich-discografia-completa.html


GRANDESS!!!

0 comentários:

 
Kultura Livre © 2007 Template feito por Áurea R.C.