quarta-feira, 16 de julho de 2008

Amerindios - Tu Grito es mi Canto (1973)


Amerindios é un deses raros proxectos que xurdiron en Chile nunha epoca de extrema confrontación e marcada pola continxencia politica. Julio Numhauser fundador do primeiro Quilapayun xunto a Mario Salazar, un músico procedente do jazz forman este duo en 1969. O seu estilo claramente vencellado á Nova Canción Chilena e coa cancion protesta por suposto. Contiña ademais a frescura dalgunhas bandas que se atrevían a fusionar outros estilos musicais. É asi como Amerindios, Tiempo Nuevo ou Huamari marcaron certa diferenza deslizándose un pouco do contexto dos mais encadrados no son da cancion protesta. Foi tal o seu "atrevimiento" que incluíron guitarras electricas nalgúns dos seus temas, algo impensado para os grupos da Nova Canción Chilena, pero que algúns mais ousados como Angel Parra e Victor Jara xa fixeran cos Blops. Este disco, o segundo da banda inclúe o tama "Os Colihues" un verdadeiro himno da mocidade de esquerda no Chile dos setenta. Outra curiosidade é a "Cueca Beat" un tema que contou coa participacion de musicos dos Sacros (Patricio Panussis), que eran parte do staff do selo Machitun, do cal Numhauser era o seu director.

Fusilado e traducido do blogue de música latinoamericana: En busca del tiempo perdido

Altamente recomendábel!!!

Los Colihues


Los niños cuando niños



"Os Amerindios cantan as súas propias cancións, nacidas das súas vivencias, compartidas cos traballadores e estudantes motivados pola creación libre e vital; reflexo dunha realidade, a realidade de Chile, de América e do terceiro Mundo."
http://www.geocities.com/transiente/amerindios.htm

Ligazóns:

http://rockchilelatinoamerica.blogspot.com/2008/07/amerindios-tu-grito-es-mi-canto-1973.html
http://sellodicap.blogspot.com/2007/03/amerindios-tu-grito-es-mi-canto-1973.html
http://londres92.blogspot.com/2007/08/amerindios-tu-sueo-es-mi-sueo-tu-grito.html

0 comentários:

 
Kultura Livre © 2007 Template feito por Áurea R.C.