quarta-feira, 6 de fevereiro de 2008

JigKorova (rock progresivo en copyleft)


JigKorova somos unha banda de rock nada en Granada en novembro de 2.004, co propósito de crear cancións libres, sen ataduras de ningún tipo. Así, desde o principio, marcámonos como filosofía inquebrantable o respecto mutuo polas influencias e estilos de cada un, o que podía dar ao traste co asunto ou ben canalizarnos por un camiño diferente no que poder expresarnos e gozar amplamente da música. Todo saíu ben e de aí xurdiron, e seguen xurdindo, composicións moi persoais e, dalgún modo, consigo mesmas como única referencia. En JigKorova cremos na libre distribución da música. O noso traballo atópase baixo unha licenza Creative Commons e ofrecémolo libre e gratuitamente. É posible descargar a nosa música desde esta mesma páxina ou ben por outros medios (jamendo, mundo libre, emule ou a través da nosa web www.jigkorova.com). Esperamos que gocedes coas nosas cancións e que as descarguedes e compartades con total liberdade.

JigKorova somos:

Ismael R.: guitarra
Francisco S.: guitarra
Luis Miguel D.: batería
Eduardo R.: electrónica, glitch
Luis E.: bajo, voz

Descargas: www.jigkorova.com/descargas.html

Escoitar: Bad Bug Never Dies



Creative Commons License


Esta obra está baixo unha
licenza de Creative Commons.

0 comentários:

 
Kultura Livre © 2007 Template feito por Áurea R.C.