terça-feira, 5 de fevereiro de 2008

Contra a industria cultural


De: A currante medi@, esmagad@ pola hipoteca, a precariedade laboral, os horarios DE MERDA e outros abusos sociais, como a caña de cervexa a 2 putos Euros.

A: Es@ músic@ mediátic@ que se doe detrás duns lentes de sol na Moncloa, forrad@ de pasta ata os pendentes. Ten a jeta ir de rebelde pola vida e terminar nas escaleiras do centro do Estado (extensible a tod@s @s impresentables que lle acompañaban).

Mira, ti@, na xira que che vas a marcar este verán vas gañar máis pasta -facendo algo que che gusta e que en teoría che enche- do que gañarei eu en toda a miña puta vida de currito, cargando, ademais, cunha actividade que non me achega nada persoalmente e coa que, se non fose polo soldo adicional da miña parella, nin sequera me daría para pagar o piso onde vivo.

A música está moi mal? -ximes. Ti, pallas@, non sabes o que é estar mal. Que sabes ti de hipotecas, de rebotar dun contrato a outro, de currar a quendas ou de 7 a 7? Que sabes ti de chegar a fin de mes, ou do que me custa a min exporme a ter fillos co que piden nunha gardería?

Porque che recordo que aquí, no mundo real, curramos dous para pagarnos 70 metros cadrados . A xente que compra no top manta non ama a música? -cuspe outro.

Con que validez moral esixides vós, que vivides coma unha bala de camiño entre Madrid e Miami, sen saber nin o diñeiro que tedes, á currante que vos pague os vicios e faga multimillonaria á multinacional de turno. Como se pode ter a cara de plantarse en plan vítima sobre unha vida de luxo?

A industria abusou -e abusa cos prezos e as calidades.

Só agora que se ve co rabo no cu ofrece o que non poden dar os piratas: DVD`s con vídeos, extras e demais. Todo, curiosamente, ao mesmo prezo que antes. Non chorabades que non se podían baixar os prezos?

Como vale agora un álbum que leva 12 cancións no CD e 16 nun DVD (verídico) o mesmo que antes o mesmo álbum co CD a pelo? Agora que as mafias e Internet rebéntanvos, agora, que xa non tedes a tixola polo mango, pasades da posición dominante e abusiva á apelación máis rastrera de sentimentos. Pois eu, e moitos como eu respondemos:

AGORA, QUE VOS DEAN.

NINGUÉN pode pedirme que lle pague a colección de coches de luxo, o iate e os catro casaróns en Miami ou Marbella.

NINGUÉN pode pedir moral desde a inmoralidade.

Exemplo: Bustamante comprouse unha casa de 500 quilos das antigas pesetas en só CATRO ANOS DE CARREIRA MUSICAL, claro exemplo do mal que está o panorama musical.

Firma: Calquera anónim@ ata a cona de memeces. Ata as pelotas!

Traducido de: www.compartiresbueno.net

0 comentários:

 
Kultura Livre © 2007 Template feito por Áurea R.C.