terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

Solaris - Marsbéli Krónikák (Crónicas marcianas - 1984)


Rock progesivo sinfónico húngaro. Banda influenciada pola ciencia-ficción, como podemos deducir do seu nome (Solaris é unha novela de Stanisław Lem, levado o cine en 1972 por Tarkovsky), e do título do álbume que fai referencia ás Crónicas Marcianas de Ray Bradbury. Grande.

Escoitar:

M'ars poetica


Ligazóns:
http://merlinusesamantha.blogspot.com/2008/01/solaris-marsbli-krnikk-martian.html
http://www.taringa.net/posts/musica/96767/Solaris-(Prog-Rock).html
http://vagos.es/showthread.php?t=110582
http://sirlawnmower-progsite.blogspot.com/2006/08/pr007-solaris-progresivo-hngaro.html
http://latabernaderael.wordpress.com/2007/02/27/solaris-marsbeli-kronikak-1984/


quarta-feira, 6 de fevereiro de 2008

JigKorova (rock progresivo en copyleft)


JigKorova somos unha banda de rock nada en Granada en novembro de 2.004, co propósito de crear cancións libres, sen ataduras de ningún tipo. Así, desde o principio, marcámonos como filosofía inquebrantable o respecto mutuo polas influencias e estilos de cada un, o que podía dar ao traste co asunto ou ben canalizarnos por un camiño diferente no que poder expresarnos e gozar amplamente da música. Todo saíu ben e de aí xurdiron, e seguen xurdindo, composicións moi persoais e, dalgún modo, consigo mesmas como única referencia. En JigKorova cremos na libre distribución da música. O noso traballo atópase baixo unha licenza Creative Commons e ofrecémolo libre e gratuitamente. É posible descargar a nosa música desde esta mesma páxina ou ben por outros medios (jamendo, mundo libre, emule ou a través da nosa web www.jigkorova.com). Esperamos que gocedes coas nosas cancións e que as descarguedes e compartades con total liberdade.

JigKorova somos:

Ismael R.: guitarra
Francisco S.: guitarra
Luis Miguel D.: batería
Eduardo R.: electrónica, glitch
Luis E.: bajo, voz

Descargas: www.jigkorova.com/descargas.html

Escoitar: Bad Bug Never Dies



Creative Commons License


Esta obra está baixo unha
licenza de Creative Commons.

terça-feira, 5 de fevereiro de 2008

Contra a industria cultural


De: A currante medi@, esmagad@ pola hipoteca, a precariedade laboral, os horarios DE MERDA e outros abusos sociais, como a caña de cervexa a 2 putos Euros.

A: Es@ músic@ mediátic@ que se doe detrás duns lentes de sol na Moncloa, forrad@ de pasta ata os pendentes. Ten a jeta ir de rebelde pola vida e terminar nas escaleiras do centro do Estado (extensible a tod@s @s impresentables que lle acompañaban).

Mira, ti@, na xira que che vas a marcar este verán vas gañar máis pasta -facendo algo que che gusta e que en teoría che enche- do que gañarei eu en toda a miña puta vida de currito, cargando, ademais, cunha actividade que non me achega nada persoalmente e coa que, se non fose polo soldo adicional da miña parella, nin sequera me daría para pagar o piso onde vivo.

A música está moi mal? -ximes. Ti, pallas@, non sabes o que é estar mal. Que sabes ti de hipotecas, de rebotar dun contrato a outro, de currar a quendas ou de 7 a 7? Que sabes ti de chegar a fin de mes, ou do que me custa a min exporme a ter fillos co que piden nunha gardería?

Porque che recordo que aquí, no mundo real, curramos dous para pagarnos 70 metros cadrados . A xente que compra no top manta non ama a música? -cuspe outro.

Con que validez moral esixides vós, que vivides coma unha bala de camiño entre Madrid e Miami, sen saber nin o diñeiro que tedes, á currante que vos pague os vicios e faga multimillonaria á multinacional de turno. Como se pode ter a cara de plantarse en plan vítima sobre unha vida de luxo?

A industria abusou -e abusa cos prezos e as calidades.

Só agora que se ve co rabo no cu ofrece o que non poden dar os piratas: DVD`s con vídeos, extras e demais. Todo, curiosamente, ao mesmo prezo que antes. Non chorabades que non se podían baixar os prezos?

Como vale agora un álbum que leva 12 cancións no CD e 16 nun DVD (verídico) o mesmo que antes o mesmo álbum co CD a pelo? Agora que as mafias e Internet rebéntanvos, agora, que xa non tedes a tixola polo mango, pasades da posición dominante e abusiva á apelación máis rastrera de sentimentos. Pois eu, e moitos como eu respondemos:

AGORA, QUE VOS DEAN.

NINGUÉN pode pedirme que lle pague a colección de coches de luxo, o iate e os catro casaróns en Miami ou Marbella.

NINGUÉN pode pedir moral desde a inmoralidade.

Exemplo: Bustamante comprouse unha casa de 500 quilos das antigas pesetas en só CATRO ANOS DE CARREIRA MUSICAL, claro exemplo do mal que está o panorama musical.

Firma: Calquera anónim@ ata a cona de memeces. Ata as pelotas!

Traducido de: www.compartiresbueno.net

segunda-feira, 4 de fevereiro de 2008

Gòtic - Escenes (1978)


Este disco é unha pequena gran marabilla que atopei por casualidade naufragando pola rede. Gòtic foi unha banda catalá de rock sinfónico que polo visto só gravaron este disco, e o certo é que lles quedou unha cousa preciosa. Para escoitar de relax.

Escoitar:

Escenes de la Terra en Festa i de la Mar en Calma


Historia d'una Gota D'Aigua


Ligazóns:
http://www.lacoctelera.com/sepharad/post/2007/09/17/progressiu-catala-iv-gotic-escenes
http://galandorockyartes.blogspot.com/2008/01/gotic-escenes.html
http://thegoldenageofrockandroll.blogspot.com/2007/10/gtic-escenes-1978.html

Miles Davis - Doo-Bop (1991)


Cando vin as pintas do paisano na portada deste disco dixen ostia, teño que escoitalo! Fiquei abraiado pois descoñecía que Miles Davis chegara a facer cousas coma esta. Neste último disco de Miles a súa trompeta transita por un universo electrónico infestado de ritmos funkys e hiphopeiros.

Escoitar:
Chocolate Chip


Ligazóns:
http://forlovetothebeat.blogspot.com/2007/11/miles-davis-doo-bop.html
http://www.taringa.net/posts/musica/786251/Miles-Davis---Doo-Bop.html

 
Kultura Livre © 2007 Template feito por Áurea R.C.