terça-feira, 18 de dezembro de 2007

Thinking Plague (EEUU)



Os seus temas longos e complexos, que roldan os 6 ou 8 minutos mais ou menos, son verdadeiras xoias que se parten en varios segmentos. Músicas que se pasean polos terreos do Rock Progresivo de Vangarda ou Avant Rock-Prog, Rock en Oposición ou demais clichés musicais. As súas músicas son unha mestura de grupos tan disímiles como por exemplo Henry Cow, Art Bears, Yes, King Crimson, Gentle Giant, 5uus entre varios. Sen dúbida, un espectro musical amplo e moi rico este que abarca Thinking Plague.

Pero definitivamente quen mellor que Mike Johnson para tratar de describir as súas músicas: "... trato de describir a música que facemos en Thinking Plague como un esforzo por combinar as sensibilidades harmónicas e rítmicas da música-arte moderna, 20th Century Music por exemplo as de Stravinsky, Bartok, etc, pero especialmente a de William Schuman, todo baixo a orientación a un esquema de batería-baixo-guitarra máis as estructutas básicas do que puidese ser un tema ou canción, que abarcan ideas propostas polos mesmos Beatles ata pasar polas músicas de King Crimson , Gentle Giant ( un pouco de Yes ) , Art Bears, Bob Drake ( invitado de luxo nesta proposta ), 5uus e Albert Marcouer, unha das miñas recentes influencias."

Thinking Plague sintetizan elementos de jazz, rock e folk nun contexto sinfónico maxestoso pero moi denso e escuro, con instrumentos tan ricos e diversos como son o saxo, o clarinete, algúns tipos de frautas, o acordeón, o baixo acústico, o violín, diversos tipos de percusións, obxectos ao azar e ruídos sampleados e electrónicos.

Thinking Plague son Mike JOHNSON nas guitarras, David KERMAN (batería e percusións), Mark HARRIS (saxofón), Deborah PERRY (voz principal), Matt MITCHELL (piano) e Dave WILLEY (baixo e acordeón).
http://www.musicaprogresiva.com/comentarios/tinkingplague.html

http://www.manticornio.com/rock-progresivo/T/THINKING-PLAGUE/thinking-plague.html

Escoitar: Our 'Way Of Life' and 'War on Terra' de History of Madness


0 comentários:

 
Kultura Livre © 2007 Template feito por Áurea R.C.